A Xunta activa a partir da medianoite deste xoves ao venres alertas por temporal costeiro, que serán de nivel laranxa para o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, mentres que para Lugo será amarela.
Así, segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde as 00.00 horas no noroeste e oeste da Coruña, para logo estenderse a primeiras horas da mañá ao suroeste desta provincia e ao litoral de Pontevedra.
- Adiós a la grada de Gol
- Vuelve la Panificadora, un clásico en las noticias de Vigo de los últimos 20 años
- Cuatro conductores interceptados borrachos, tres de ellos también bajo los efectos de la cocaína
- Veciños de Teis organizan este sábado un acto polo ‘Día de Rosalía’ e para reclamar a biblioteca
- Aprobado el proyecto de humanización de la Avenida de Clara Campoamor
- Vanesa Martín, segundo concierto del verano en Castrelos
Ventos do sur ou suroeste e ondas de 6 metros
Espéranse ventos do sur ou suroeste de ata forza nove e mar combinado do oeste ou suroeste con ondas de ata 6 metros.
A Consellería de Presidencia xa informou, a través do 112 Galicia, aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, aos servizos de Protección Civil e a clubs náuticos, entre outros.
Ademais, a Secretaría Xeral para ou Deporte anunciou a suspensión de toda actividade deportiva federada no mar, ao longo de toda a xornada do venres.
Os servizos de Emerxencias lembran a importancia de manterse afastado da liña de costa, de extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e de revisar os cabos e amarres das embarcacións.