Comarcas

Ponteareas destinará preto de 19 millóns á mellora da rede de abastecemento e saneamento

Durante catro anos para chegar ás 24 parroquias

Ponteareas destinará preto de 19 millóns á mellora da rede de abastecemento e saneamento

O Concello de Ponteareas vén de aprobar un investimento de 18.967.048,45€ en catro anos para a mellora da rede de abastecemento e saneamento das 24 parroquias. Así, o goberno local aprobou os anteproxecto do Ciclo Integral da Auga que abrangue a rede de sumidoiros e depuración da auga.

Máis polo miúdo estes serán os orzamentos destinados a este proxecto:

  • 4.971.422,01€ o primeiro ano
  • 5.151.809,92€ o segundo ano
  • 5.116.648,76€ o terceiro ano e
  • 3.727.167,77€ o cuarto ano

Coa apertura do expediente informativo haberá un prazo para alegacións, posterior aprobación, licitación e adxudicación.

Abastecemento, reutilización e saneamento

A xestión do ciclo integral da auga abrangue o complexo labor de manexo dos sistemas ou procesos que permiten o abastecemento urbano (con augas aptas para o consumo), a reutilización (para usos distintos ao consumo humano) así como o saneamento das augas residuais (xa usadas) xeradas.

Explica a concelleira de Infraestruturas, Raquel Bautista, que o ciclo da auga vai desde que o recurso s capta e chega á billa, ata que, unha vez usado, se devolve á natureza ou se reutiliza nalgúns casos, aproveitando a auga para usos distintos ao consumo humano como a rega de xardíns, a agricultura ou algúns usos industriais.

Débeda histórica

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, subliña a importancia de achegar este servizo a todas as parroquias e co Ciclo Integral da Auga “dase por fin o primeiro paso firme e unha compromiso real con todas as parroquias. É unha débeda histórica con toda a cidadanía do rural e unha medida indispensable para construír unha vila saudable. Cumprimos co noso proxecto de lexislatura máis importante.


Tamén en vigoalminuto


Sanción

Por último, o Goberno local aprobou tamén sancionar á actual empresa de prestación do servizo de axuda no fogar (SAF) pola comisión de faltas leves, graves e moi graves que ascende a un total de 49.500€. Procede, agora, o goberno local á adxudicación da nova empresa que xestionará este servizo.

Te podría interesar