A Xunta pon á disposición dos promotores e cooperativas un total de 82 parcelas de solo residencial urbanizado, destinadas á construción de 153 vivendas protexidas, no polígono 1 de San Paio de Navia, en Vigo.
O concurso inclúe unicamente parcelas do polígono 1, cuxas obras de urbanización están moi avanzadas e remataranse na próxima primavera. Así o Consello recibiu información da próxima convocatoria do concurso público polo que se adxudicarán as ditas parcelas. O prego deste concurso estará listo este mesmo mes.
Preferencia
O solo ten que destinarse á construción de vivenda protexida destinada a alugueiro ou a compravenda. Terán preferencia as ofertas destinadas á construción de vivendas en alugueiro e a adxudicación en dereito de superficie, así como as vivendas que vaia ter un prezo de renda ou venda máis reducido (réxime especial).
En función dos ditos criterios, a preferencia para a adxudicación das parcelas será a seguinte:
Preferencia | Tipoloxía e Destino | Forma Adxudicación |
1º Réxime especial | Alugueiro | Dereito de superficie |
2º Réxime xeral | Alugueiro | Dereito de superficie |
3º Réxime Especial | Alugueiro | Compra |
4º Réxime Xeral | Alugueiro | Compra |
5º Réxime Especial | Venda | Compra |
6º Réxime Xeral | Venda | Compra |
7º Réxime Concetrado | Alugueiro | Dereito de Superficie |
8º Réxime Concertado | Alugueiro | Compra |
9º Réxime Concertado | Venda | Compra |
No caso de adxudicación do solo en dereito de superficie, a concesión será por 75 anos. A Xunta conservará a propiedade do solo e os adxudicatarios satisfarán por el un canon anual moi reducido.
Ao remate do período de concesión, o solo volverá a dominio da Xunta, xunto coas vivendas construídas nel, que pasarán a formar parte do parque público de vivenda.
Tamén en vigoalminuto
- Rueda asegura que a Galicia “no le soluciona nada” que el Gobierno le condone 4.000 millones de deuda
- Stellantis suspende la paga de beneficios para sus trabajadores
- Rugido de motores y la mejor gastronomía, de la mano en el ‘XLVI Rally da Lamprea de Monçao’
- A Xunta sacará a concurso 82 parcelas en Navia para a construción de 153 vivendas protexidas
- ‘Henry Méndez’ e ‘París de Noia’ poñen a nota musical ao Entroido do Porriño
- Sanidade dispuesta a llegar a un acuerdo con Povisa por dos años y 195 millones
755 VPP en execución
Actualmente a Xunta ten 755 vivendas de promoción pública en diversas fases de execución nos polígonos 1 e 2 de San Paio de Navia, ademais de estar executando as obras de urbanización do polígono 1 e ter licitadas as obras de urbanización do polígono 2, que se prevé iniciar no mes de marzo próximo.