Deportes

A Deputación activa 800.000 € en axudas para eventos deportivos e convertelos nun escaparate

Además de otros 100.000€ para aqueles de interese turístico

A Deputación activa 800.000 € en axudas para eventos deportivos e convertelos nun escaparate

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou hoxe a aprobación de dúas novas liñas de apoio ás entidades deportivas da provincia para a organización de eventos, que supoñen o investimento de 670.000 euros.

Fíxoo no campo de fútbol de A Senra, en Ribadumia, nun encontro con representantes do tecido deportivo da comarca do Salnés, nunha xornada que coincide coa publicación das bases das axudas para a organización de eventos deportivos de interese turístico dotadas con 100.000 euros. “Nunha soa semana, estamos activando case 800.000 euros en axudas para contribuír á organización de eventos deportivos nesta provincia do deporte, que é a nosa”, afirmou o presidente provincial.

Estas dúas liñas de colaboración teñen como obxectivo “apoiar e impulsar a organización de competicións ou eventos deportivos, nun caso por clubs ou federacións e noutro por entidades públicas ou privadas”.

Liña de axudas para clubs deportivos

A que conta cunha maior cantidade económica é a liña de axudas para clubs deportivos da provincia de Pontevedra e as Federacións Autonómicas e Españolas para a organización de competicións ou eventos deportivos na provincia para o ano 2025.

Está dotada con 550.000 euros, 50.000€ máis que no 2024. Este plan de apoio está dividido en dúas pates. Por un lado, na Parte 1 -300.000 euros– encádranse competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional e tamén competicións ou eventos deportivos de ámbito internacional e de alto impacto.

Mentres que na Parte 2 – un total de 250.000 euros- encádranse as competición oficiais e non oficias, de todos os ámbitos territoriais, non incluídas na Liña 1 de eventos deportivos. A principal novidade desta edición está no aumento do importe da Liña 2, en 50.000 euros, e o incremento da axuda máxima que poden recibir as entidades beneficiarias desta liña, que pasa dos 6.000 euros do ano pasado aos 12.500 euros desta edición.

Cos recursos destas axudas poderanse financiar gastos federativos, de viaxe, de organización, publicitarios, sanitarios, de material e premios. E o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días a partir da publicación da orde no Boletín Oficial da Provincia.


Tamén en vigoalminuto


Compra de bens

Novidosa é a segunda medida: unha liña de axudas para financiar a compra de bens para os participantes en eventos deportivos realizados na provincia ou financiar servizos para eses eventos. Conta cun orzamento de 120.000 euros e cunha axuda máxima de 1.000 euros por beneficiario.

Haberá dúas liñas de financiamento, por un lado para a adquisición de bens a entregar aos participantes nas probas, como medallas, trofeos, camisetas ou material promocional; e, por outro, para contratar servizos necesarios para a organización do evento, como asistencia sanitaria, arbitraxe ou servizos de retransmisión ou streaming.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións Entidades públicas ou privadas que organicen un campionato ou evento deportivo na provincia neste 2025.

Te podría interesar