Comarcas

O Concello do Porriño licita por 300.000€ a pavimentación de camiños

Nas parroquias de Budiño, Torneiros e Pontellas

O Concello do Porriño licita por 300.000€ a pavimentación de camiños en varias

O Concello de Porriño vén de sacar a licitación esta mesma semana a contratación da obra de repavimentación dunha decena de camiños localizados en distintas parroquias cun orzamento base de 302.106,32 euros -con cargo ao Plan de Obras e Servizos de competencia municipal e ao Plan + Provincia 2024, da Deputación de Pontevedra-.

Seguridade viaria

Os traballos suporán unha mellora da seguridade viaria en tódolos tramos nos que se actúe e divídense en dous lotes, por unha parte agrúpanse cinco camiños en Budiño, nos barrios de Mantelle, Vacaría, A Chan, O Casal e Cerquido, e, por outra, actuarase na mellora doutros cinco viarios municipais en Torneiros e Pontellas. Todos eles presentan na actualidade deterioro en diferentes puntos, sendo as fisuras, fochancas, reposicións de gabias e degradación xeral da capa de rodadura os problemas máis característicos destacados en ambos proxectos.

Este é “un máis dos varios proxectos que ten levado e seguirá levando a cabo o goberno local centrado na mellora” dos viarios municipais, tanto no centro urbano como, sobre todo, na zona rural das diferentes parroquias.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, subliña que “é moi importante que a veciñanza que paga os seus impostos teña cubertos os servizos básicos e esenciais como pode ser o saneamento, a recollida do lixo e tamén este de mantemento das infraestruturas viarias. Sempre o foi e seguirá sendo unha das nosas prioridades ao fronte do goberno municipal”.


Tamén en vigoalminuto


Catro meses

Así, o orzamento base de licitación do primeiro lote é de 124.820€ e o prazo de execución da obra é de catro meses. “As actuacións nos cinco camiños da parroquia de Budiño suman unha lonxitude de 1.255 metros e, entre outros acometidos, ademais da propia reparación da superficie, fresando o firme e estendendo un novo pavimento, realizaranse tamén labores de limpeza e desbroce das marxes e contémplase o subministro e colocación de reposición de redes de pluviais existentes”, sinala o concelleiro de Vías, Obras e Servizos, Ramón Porto.

Oito semanas

No caso do segundo lote o orzamento base de licitación ascende a 177.286€ e establécese un prazo de execución dos traballos de oitos semanas. “O obxectivo principal é igualmente a mellora do firme cun novo asfaltado, neste caso tamén de cinco camiños que discorren polas parroquias de Pontellas e Torneiros”, explica Porto.

Levaranse acabo actuacións previas de limpeza e desbroce, movementos de terras, rehabilitación de firmes e pavimentos, traballos de drenaxe, colocación da sinalización horizontal e nalgún caso incluso a execución dun tramo de beirarrúa e ampliación de zona destinada ao estacionamento de vehículos.

Te podría interesar