Catro metros de diámetros a unha milla do porto da Guarda. MeteoGalicia, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño e o Grupo de Oceanografía Fïsica da Universidade de Vigo acaba de fondear unha boia equipada cos mellores sensores capaz de medir e transmitir en tempo real datos meteorolóxicos (humidade, vento e temperaturas) e oceanográficos, como correntes, salinidade e temperatura da auga.
A boia é xemelga á instalada en augas das Illas Cíes en outubro de 2008 e á de Ons a mediados de abril de este ano e súmanse ás situadas en Rande, Cortegada, Cabo Silleiro e Porto. Con esta iniciativa trátase de configurar un observatorio oceánico cunha infraestructura transfronteiriza entre España e Portugal cunha extensa rede de monitorización e predición con modelos numéricos e novas plataformas.