Comarcas

Éxito do ‘Concurso de Comparsas’ de A Cañiza, con máis de 300 participantes

E premios á creatividade, orixinalidade e o ritmo

A Cañiza celebrou o seu tradicional ‘Concurso de Comparsas’ que este ano xuntou a máis de 300 participantes, que deixaron pegada da súa orixinalidade saíndo polas rúa do centro.

En total 6 comparsas de adultos e 2 infantís encheron de bo humor, a creatividade, o ritmo e a ledicia ao concurso organizado polo Concello, ao que deu a saída o alcalde, Luis Piña, quen agradeceu non so o bo facer dos integrantes das comparsas, subliñando o seu compromiso para facer realidade os bos momentos e a complicidade dunha festa que, subliñou, cada ano é máis agardada.

Piña tamén subliñou o bo facer dos empregados municipais, moi especialmente os das concellerías de Cultura e de obras, e o traballo do xurado, formado polo pintor e escultor Diego de Giráldez, o deseñador de moda Cristobal Vidal, a productora, directora e actriz Marta Pérez e o profesor da Escola de Música Agustín Domínguez.

‘En Oroso viven como reinas’ e ‘Por un amor eterno’

No Entroido deste 2025, os premios para os participantes eran de 2.300€, repartidos en 500, 300, 200 e 150€ para os tres primeiros clasificados, tanto na categoría de adultos, como na infantil.

Finalmente, os galardoados en categoría de adultos foron:

  • 1º Premio: “En Oroso viven como reinas”
  • 2 º Premio: “Springfield invade A Cañiza”
  • 3º Premio: “Paxaretada na Cañiza”
  • 4º Premio: “Barbieland”

Na categoría infantil

  • 1º Premio: “Por un amor eterno”
  • 2º Premio “Chusquilego”

Te podría interesar