Destacados Vigo al minuto

Veciños de Lavadores presentan no Concello unha proposta sobre o parque de cans de Barreiro

Piden que sexa máis grande e alonxado da zona proxectada

Veciños de Lavadores presentan no Concello unha proposta sobre o parque de cans de Barreiro

A comunidade de Lavadores vén de presentar no Concello-e asinada por un cento de veciñas e veciños- unha proposta sobre o parque canino de Barreiro, anunciado polo alcalde, que contén as necesidades específicas da zona e ideas para optimizar o deseño e a funcionalidade deste novo espazo.

Vigo é a cidade galega con maior poboación canina con 48.170 cans rexistrados. Lavadores, onde se situa o parque canino de Barreiro, conta con 17.442 habitantes e unha notable presenza de animais de compañía. Estímase que hai 2.907 cans nesta zona, seguindo a proporción xeral da cidade de un can por cada seis habitantes, aínda que é probable que a cifra real sexa superior debido a maior concentración de cans nesta zona do extraradio.

Esta iniciativa xorde da preocupación polas dimensións e a localización do parque proposto polo Concello, que consideran inadecuadas para atender as necesidades reais dos cans e as súas familias.

Aspectos da proposta do Concello relativos ao tamaño e á localización

  • Tamaño: Co número actual de familias con cans na zona e o seu constante crecemento, un parque así quedaría pequeno dende o primeiro día. Un parque dese tamaño non só limitaría o espazo para
    correr e xogar, senón que tamén aumentaría o risco de pelexas e de estrés nos animais. Os cans precisan espazo para moverse libremente, explorar e relacionarse sen sentirse agobiados. Sería conveniente valorar un espazo máis amplo para garantir unha mellor experiencia para todos.
  • Localización non axeitada: O parque situaríase nunha zona de paso moi concorrida, o que podería ser incómodo tanto para as familias con cans como para o resto da veciñanza. Ademais, a localización proposta está pegada a unha área deportiva, cun ruído de música molesto para os cans, cuxa sensibilidade auditiva é maior. Sumado a isto, a proximidade á estrada suporía un risco adicional no caso de que algún can se escapase. Propoñemos aproveitar unha zona máis ampla e pouco utilizada do Parque de Barreiro para crear un parque canino que realmente funcione e que beneficie a todos.
  • Un tamaño axeitado para as familias con cans: A nosa proposta inclúe un espazo de 2.200 m2, que consideramos o mínimo necesario para que o parque canino sexa funcional.

Otras noticias


Te podría interesar