Galicia

O Tribunal Superior de Galicia recoñece a pensión de viuvez a una vítima de violencia machista que non denunciara

Estima o recurso contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo

O Tribunal Superior de Galicia recoñece a pensión de viuvez a una vítima de violencia machista que non denunciara

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de admitir o dereito de una pensión de viuvez a una muller, pola morte do seu ex marido, logo de dar por acreditado que fora vítima de violencia machista, mesmo sen denunciar ao seu agresor.

Así, o alto tribunal estima o recurso da vítima contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, que lle denegara a prestación. Os xuíces entenden que os feitos presentados amosan unescenario familiar conflitivo, onde se mesturaba, ademais, o alcoholismo do ex esposo da demandante, dando lugar a situacións violentas presenciadas polo fillo”.


Tamén en vigoalminuto


A causa dos mesmos, a vítima “iniciou un proceso de separación ou divorcio que lle levou a consultar coa asesora xurídica do Centro Municipal de Información da Muller do Concello de Vigo, a quen lle manifestou a existencia de malos tratos psicolóxicos, sen que haxa dato algún do cal se poida deducir que esa manifestación fose incerta, interesada ou espuria”.

Isto, engaden os maxistrados, colocou á muller nunha” situación onde interseccionan varias causas de vulnerabilidade que, en maior ou menor medida, estaban presentes tamén durante a vixencia do matrimonio”.

Finalmente, a Sala tomou en consideración sentenzas anteriores, analizando a situación da vítima e as súas posibilidades de actuación, “atendendo ao contexto social e xurídico no cal se desenvolveu, así como a súa propia situación persoal e familiar”.

Te podría interesar