Comarcas

Luis López convida a participar na Feira do Requeixo e do Mel das Neves

“Para descubrir o paraíso interior das Rías Baixas”

Luis López convida a participar na Feira do Requeixo e do Mel das Neves

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, convidou hoxe a toda a cidadanía da provincia e ás persoas que visitan as Rías Baixas a asistir os vindeiros 18 e 19 de abril á Feira do Requeixo e o Mel das Neves, para “descubrir o paraíso interior da provincia”.

Fíxoo na presentación da 32ª edición desta festa de interese turístico de Galicia, na que tamén participou a deputada de Turismo, Nava Castro; e o alcalde das Neves, que tivo lugar no recentemente reformado mercado municipal.

“O requeixo e o mel das Neves son xa un emblema da nosa cultura e gastronomía. Convido a todo o mundo a que se achegue o vindeiro mes de abril ata As Neves porque xa se sabe: quen proba ás Rías Baixas, sempre repite, afirmou o mandatario provincial.


Tamén en vigoalminuto


Reto demográfico

López salientou a importancia das festas gastronómicas como motores para impulsar a economía local e o turismo, pero tamén, especialmente en municipios como As Neves, para facer fronte ao reto demográfico. “Trátase dun evento que dinamiza a economía local, que atrae visitantes de dentro e fóra das nosas fronteiras e dunha celebración que consolida e enriquece ás Rías Baixas como destino turístico gastronómico”.

Neste punto, argumentou López, que o reto demográfico é un asunto no que Deputación e Concello están concienciados para o que o goberno provincial ten en marcha accións específicas como a creación dun departamento especializado, a inclusión do criterio demográfico no reparto de fondos do +Provincia ou a posta en marcha de programas de dixitalización como o “Hub contra a fenda dixital”, que se realizou neste concello e agora se expande ao resto da provincia co programa +Reto Dixital.

Promoción das Rías Baixas

Celebracións coma a das Neves contribúen tamén a avanzar na estratexia de promoción das Rías Baixas que ten en marcha a Deputación consistente na descentralización do destino e na posta en valor dos atractivos turísticos dos 61 concellos que compoñen a provincia, especialmente os do interior. “Calquera motivo é bo para achegarse ao paraíso interior desta provincia. E a Festa do Requeixo e o mel das Neves é unha celebración que fala de nós, das nosas tradicións, do noso variado programa de festas gastronómicas e da calidade do noso produto e da exquisitez do noso produto”, subliñou o presidente.

Finalmente, o presidente do organismo provincial repasou tamén as liñas de colaboración abertas entre a Deputación e o Concello. Máis aló do apoio a esta feira gastronómica, o impulso ao turismo ou as accións centradas no reto demográfico, a Deputación ten previsto investir este ano no Concello das Neves un total de 1,21 millóns de euros a través de programas de cooperación como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou o novidoso Plan Extra.

Te podría interesar