As últimas horas no 112 Galicia estiveron marcadas polos efectos da borrasca ‘Martiño’, que trouxo ventos fortes tanto á liña de costa coma en terra. De feito, os refachos van gañando intensidade ata o punto de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de informar do aumento a nivel laranxa do aviso inicial de nivel amarelo por vento en terra. A forza dos refachos, superan, a esta hora e nalgúns puntos, os 110 quilómetros hora, aínda lonxe dos 136km/h que rexistrados no concello pontevedrés de As Neves.
Precaución
Esta situación obriga a extremar a precaución, especialmente ao volante, debido a que calquera obxecto pode irromper nas vías. Tanto así que, nas últimas 24 horas, o 112 Galicia ten contabilizadas 260 incidencias na circulación. Isto correspóndese maioritariamente coa caída de árbores, pólas, cables, postes, sinais de tráfico, mobiliario urbano e desprendemento de tellados -como o da Casa do Concello de Cangas-. Tamén se están producindo verteduras no mar, en concreto, flotadores de batea e outras plataformas de uso pesqueiro.
Pontevedra
En canto ao reparto destas incidencias por provincias, cómpre destacar que, nas últimas 24 horas, sobresae Pontevedra pola cantidade de incidencias acumuladas. Proba diso son as incidencias localizadas en concellos como Cangas ou Vigo, onde se produciron bastantes desprendementos de tellados. De feito, en Cangas, suspendéronse as clases nos institutos da Rodeira e María Soliño debido á caída de chapas dos tellados tanto do centro educativo como do pavillón deportivo. Ademais, na mesma localidade da comarca do Morrazo, caeu unha árbore sobre un vehículo cunha persoa no interior. No seu rescate acudiron os membros do parque de bombeiros comarcal, pero non foi necesario utilizar o equipo de excarceración. Con todo, a axuda dos bombeiros foi imprescindible, xa que a condutora estaba contracturada e necesitaba unha man para poder saír do vehículo.
A Coruña
Seguido da provincia de Pontevedra, sitúase A Coruña en canto ao número de incidencias rexistradas, despois Ourense e, por último, Lugo. Cun denominador común que é a “caída de vexetación e outros elementos do mobiliario urbano, o que causou bastantes complicacións na circulación, sobre todo, a primeiras horas desta mañá“. Algún vehículo de transporte público e escolar tivo problemas para avanzar na súa ruta. Foi o caso dun autocar que tivo que parar por mor dunha árbore que cortaba completamente a vía en Campo Lameiro.
Ademais en vigoalminuto
- Esclarecen dous incendios forestais, un deles provocado en Redondela
- El alcalde estudia medidas legales por la exclusión de Vigo del Mundial 2030
- Comeza en Navia a construción de dous edificios, para 56 vivendas de promoción pública
- Investigan a la Comisión de Fiestas de Matamá y a su presidente por el accidente mortal del ‘saltamontes’
- Piden ao Goberno unha dragaxe urxente do Miño, ante a degradación da súa canle
- Recuerda que la madrugada del sábado al domingo hay que adelantar el reloj 1 hora
Medidas de protección
Neste senso, desde o 112 Galicia, recomendan adoptar medidas de auto protección durante a condución, pero tamén nos desprazamento a pé. Ademais, aínda que non en todos os casos poden estar relacionados conas condicións meteorolóxicas, dende onte ao mediodía rexistráronse 60 accidentes nas estradas.galegas.