Galicia

Comeza en Navia a construción de dous edificios, para 56 vivendas de promoción pública

Súmanse aos inmobles de 40 e 46 pisos, xa en marcha

Comeza en Navia a construción de dous edificios, para 56 vivendas de promoción pública

A Xunta vén de iniciar a construción de dous novos edificios para 56 vivendas de promoción pública en Navia, cun investimento de 11,7 millóns de euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, informou hoxe destas actuacións e anunciou que o remate das obras se prevé no vindeiro 2026.

Allegue remarcou que estes inmobles se executan con fondos maioritariamente da Xunta, pois do orzamento global – 11,7M€ – máis dun 75% son achega autonómica e o resto, fondos europeos. O primeiro inmoble, para 38 vivendas, por un importe de 8,2 millóns -cun 76% de fondos propios da Xunta- e o segundo por 3,6 millóns para 18 fogares-cun 73% de fondos da administración autonómica-.

A titular de Vivenda e Planificacións de Infraestruturas lembrou que estes novos edificios súmanse aos inmobles de 40 e 46 vivendas públicas que a Xunta comezou en Navia nos últimos meses, acadando un total de 142 fogares en construción.

Outros 51 pisos no polígono 2

Allegue anunciou que esta mesma mañá a Xunta autorizou a adxudicación, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), da licitación da redacción do proxecto e dirección de obra para construír 51 novas vivendas no polígono 2.


Tamén en vigoalminuto


A estas vivendas en Navia cómpre sumar as que se poidan construír nos ámbitos que se desenvolverán en Vigo a través da Estratexia de solo residencial, por un lado no ámbito do Ofimático, que permitirá a construción de 2.300 vivendas, por outro na zona de Ramón Nieto, zona seleccionada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, para desenvolver un segundo ámbito de solo urbanizable en Vigo.

Te podría interesar