Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional, veñen de esclarecer dous incendios forestais, un deles rexistrado o pasado 19 de marzo en Redondela e o outro, dous días antes, no concello de Boiro.
Redondela
O lume en Redondela rexistrouse no lugar de Iglesia, en Chapela con 0,31 hectáreas de terreo forestal afectadas. Os axentes do Grupo de investigación de incendios da UPA en Vigo identificaron o punto de inicio do lume e determinaron que fora causado de maneira intencionada cunha fonte calor directa como un chisqueiro.
Boiro
No caso do incendio en Boiro produciuse no lugar de Ferreiros, na parroquia de San Vicente de Cespón e afectou 800 metros cadrados de superficie rasa. Nunha primeira inspección ocular, os axentes do Grupo de investigación de incendios da UPA en Santiago concluíron que a orixe do lume se debeu ao escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade necesarias e sen os correspondentes permisos.
As dilixencias polo lume de Redondela trasladáronse ao Xulgado de Instrución numero 2 deste municipio e as do incendio en Boiro ao Xulgado de Instrución de garda de Ribeira cunha persoa identificada e investigada en cada caso como presuntas responsables destes incendios.
Tamén en vigoalminuto
- Sinsal Primavera, chega a Vigo
- Detenido tras dar una paliza a una persona
- Juan Carlos I pide 50.000€ a Miguel Ángel Revilla, por unas “declaraciones injuriosas”
- Estos son los once ayuntamientos mejor valorados por los ciudadanos en 2025
- Abre o prazo para solicitar avais para a compra de vivenda, agora sen límite de idade
- Vigo Porté bate récords con 420 coreografías
Denuncias anónimas
A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.