Cultura

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXXII Feira do Requexo e Mel das Neves

Se celebra do 13 ao 19 de abril

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXXII Feira do Requexo e Mel das Neves

O Concello de As Neves presenta unha nova edición da súa festa máis emblemática: a Feira do Requeixo e Mel, que este ano acada a súa XXXII edición. Trátase dunha cita de referencia para toda Galicia, tanto pola súa longa traxectoria como polo valor que dá aos produtos locais, en especial ao
requeixo de As Neves, un símbolo da identidade e tradición do municipio.

Do 13 ao 19 de abril

A feira desenvolverase do 13 ao 19 de abril de 2025, cun programa completo e variado que ofrece propostas para todos os públicos, combinando gastronomía, divulgación, música, artesanía e espectáculos.

O acto central da feira será o pregón do venres 18 de abril, que este ano estará a cargo do recoñecido actor e humorista Carlos Blanco, quen será o encargado de dar o pistoletazo de saída oficial ás celebracións a partir das 13:00 h.

Durante a semana, veciñanza e visitantes poderán gozar de catas, obradoiros infantís, conferencias, exposicións, pasarrúas, concertos e o tradicional Certame de Música Tradicional Transfronteiriza, que afonda nos lazos culturais entre Galicia e Portugal.


Tamén en vigoalminuto


PROGRAMA COMPLETO XXXII FEIRA DO REQUEIXO E MEL

  • 13 DE ABRIL (DOMINGO)
    10:00 h – Andaina circular do Requeixo. Saída desde a Escola de Cerdeira. Previa
    inscrición. Organiza A.C. Carballo da Chan.
    14 DE ABRIL (LUNS)
    17:00 h – II Xornada sobre a Vespa Velutina. Escola de San Cibrán de Ribarteme.
    15 DE ABRIL (MARTES)
    18:00 h – Cata de Meles IXP de Galicia no Mercado Municipal. Previa inscrición.
    17:30 h – Taller infantil “O Mel e o Requeixo” na Biblioteca Municipal. Previa
    inscrición.
    16 DE ABRIL (MÉRCORES)
    17:00 h – Mesa redonda: Artesanía Alimentaria de Galicia. Requeixo de As Neves
    como produto certificado.
    19:00 h – Degustación de produtos de artesanía alimentaria galega no Mercado
    Municipal.
    18 DE ABRIL (VENRES)
    11:00 h – Apertura oficial da Feira.
    12:00 h – Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Os Atranclaveladas.
    13:00 h – Pregón a cargo de Carlos Blanco.
  • 15:00 h – Actuación da Charanga Os Imperiais.
    18:00 h – Actuación da Charanga Noroeste.
    18:00 h – Espectáculo infantil “A Bailar de Animar-t” no Mercado Municipal.
    22:00 h – Concerto do grupo Broke Covers.
    23:30 h – Peche da Feira.
    19 DE ABRIL (SÁBADO)
    11:00 h – Apertura da Feira.
    12:30 h – Inauguración da II Exposición da Camelia no Mercado Municipal.
    13:30 h – Actuación do grupo 2Tipos.
    17:00 h – II Certame de Música Tradicional Transfronteiriza, coa participación
    do Grupo A Casa do Povo de Melgaço e o Rancho Santiago de Oliveira.
    17:30 h – Inchables de balde para nenos e nenas no Pavillón Municipal.
    19:30 h – Concerto do grupo Os Festicultores.
    23:00 h – Peche da Feira.
    23:30 h – DJ Pitt

Te podría interesar