Galicia

Adxudicada a redacción do proxecto de outras 68 novas vivendas de promoción pública, en Navia

Agora mesmo, un total de 316 pisos teñen adxudicado xa o contrato de obra

Adxudicada a redacción do proxecto de outras 68 novas vivendas de promoción pública, en Navia

A Xunta adxudicou o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 68 vivendas de promoción pública nas parcelas M-IIIB-7 e M-IIIB-8 de San Paio de Navia.

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) adxudicou o contrato a Díaz y Díaz Arquitectos SLP, por importe de 199.730 euros. En este caso, o prazo para a presentación do proxecto é de dous meses dende a sinatura do contrato e para o de execución o prazo serán tres meses máis.


Máis novas


910 vivendas en execución

Actualmente a Xunta de Galicia ten un total de 910 vivendas de promoción pública en execución en Navia. Deste total, 316 vivendas teñen xa adxudicado o contrato de obra e 594 teñen licitados ou en redacción os correspondentes proxectos de construción. A redacción dos proxectos das 101 restantes, que foron autorizadas recentemente polo Consello da Xunta, licitarase proximamente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.