Galicia

Diminúe a incidencia da gripe… aínda que non hai que confiarse

No que vai de tempada, notificáronse 3.404 ingresos por gripe, delas 2.987 por virus do tipo A

Diminúe a incidencia da gripe... aínda que non hai que confiarse

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, publica na súa páxina web o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana 15 do ano (rematada o 13 deste mes), que determina que «a intensidade da gripe en Galicia se sitúa en intensidade basal e con tendencia estable».

Datos Atención Primaria

Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de Atención Primaria diminuíu un 27,9% e fica en 18,6 por 100.000 habitantes, polo que a intensidade da actividade gripal baixa ata o nivel preepidémico. O descenso da taxa obsérvase en todos os grupos de idade e en todas as áreas sanitarias.

A rede de farmacias sentinela, que nesta campaña están a remitir os seus datos á Dirección Xeral de Saúde Pública, reflicte que as taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos descenderon respecto da semana anterior.

Ingresos hospitalarios

En canto aos ingresos hospitalarios, na semana 15 ingresaron 102 persoas con gripe confirmada, un 47% menos que na semana anterior (192). A taxa de ingresos no conxunto da poboación foi de 3,8 por 100.000 habitantes, descendendo en todos os grupos de idade.

Por áreas sanitarias, a taxa só aumentou na de Ferrol. No que vai de tempada, notificáronse 3.404 ingresos por gripe, a maioría deles, 2.987, con virus do tipo A. Respecto da positividade das mostras estudadas para virus do tipo A, foi do 9,1 %, o que supón un descenso respecto da semana anterior (14,2%).

A positividade das mostras estudadas para virus do tipo B foi do 0,3%, polo que a positividade dos virus da gripe foi do 9,4%, inferior á da semana anterior (14,6 %). O informe tamén indica que, nesta semana, ingresaron 14 persoas con covid confirmada, un 13 % menos que na semana previa (16 ingresos). Por grupos de idade, o descenso máis acusado produciuse no grupo de 65 e máis anos.

En relación ás áreas sanitarias, a taxa de ingresos diminuíu en todas agás nas de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e a de Vigo, nas que aumentou lixeiramente.

Estimación

Segundo se recolle no informe, a estimación puntual do modelo de predición suxire que nas vindeiras dúas semanas a taxa de consultas por gripe descenda de 18,6 por 100.000 habitantes a 15,5 e 13,8 nas semanas 16 e 17. A nivel asistencial, observouse un descenso do 47% no número de ingresos, o que se reflicte nunha taxa de hospitalización descendente.


Máis novas


Recomendacións

Sanidade lembra a recomendación do uso da máscara en pacientes con síntomas respiratorios, ademais dos seus acompañantes e visitas, e no caso dos profesionais que os atenden, así como en determinados grupos de risco ou dispositivos asistenciais, como poden ser as Urxencias hospitalarias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.