Galicia

Comezan en Navia as obras dun novo edificio, con 41 pisos de protección

Disporá de 20 vivendas de 2 dormitorios, 20 de 3 e 1 de 4 estancias

Comezan en Navia as obras para un novo edificio, con 41 pisos de protección

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, anunciou hoxe o inicio
das obras dun novo inmoble en Navia, para 41 vivendas protexidas. O investimento ascende a máis de 8,3 millóns de euros, “dos que un 24,4% [más de 2 millóns] son fondos europeos”. Este edificio atópase no Polígono 1, e disporá de 20 vivendas de 2 dormitorios, 20 de 3 e 1 de 4 estancias.

Allege tamén deu conta da publicación hoxe da licitación do proxecto e dirección de obra, no Perfil do contratante, doutro inmoble máis, para 26 fogares, no Polígono 2, tamén en Navia e salientou que
“Vigo é unha prioridade” para o Goberno Rueda, “unha cidade onde a Xunta xa ten nalgún grao de execución un milleiro de vivendas protexidas”.


Tamén en vigoalminuto


Por outra banda, a conselleira lembrou os Proxectos de Interese Autonómico para habilitar solo no ámbito Ofimático para 2.300 vivendas e na zona de Ramón Nieto para 1.400, no marco da Estratexia Galego do Solo Residencial.

Te podría interesar