O Espazo Feiral de Tui acolle este xoves, ás 22:00h, o inicio da xira “G Face na casa” do artista tudense G-Face. O concerto, que inicialmente estaba previsto para o pasado sábado, tivo que adiarse polas adversas condicións meteorolóxicas, e será mañá cando G-Face ofreza un espectáculo musical de case dúas horas.
Sobre o escenario estará acompañado por unha banda de catro músicos, dous coristas, un corpo de baile e un cadro de mariachis. G-Face promete facer cantar e bailar ao público ao ritmo dos seus éxitos tanto en galego como en castelán, dende “Vaivén”, “Miña Rianxeira”, “Maldito Cupido” ou o recen lanzado “Mi luna” con gran variedade de estilos nos que non falta nin a cumbia, nin a bachata.
Alumnado do Conservatorio
Previamente, ás 18:00h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, volverá actuar o alumnado do Conservatorio Profesional e e Elemental e da Escola de Música de Tui. Con distintas formacións, dende solistas, a grupos e combos interpretarán un repertorio moderno que de seguro sorprenderá ao público.
Tamén en vigoalminuto
- ‘Ari y los Magritte’, este jueves en La Fábrica de ChocolateA las 21:00h. con entrada anticipada a 10€… 12€ en Taquilla
- Freire coloca la quilla del ‘Thuwal II’, buque de investigación de última generación que ensambla el astillero viguésTras su entrega, prevista para 2027, se dedicará a la exploración del Mar Rojo
- O PP de Redondela disposto a aprobar os orzamentos, si dimite a alcaldesa e hai un novo pleno de investiduraNa actualidade o Grupo Popular conta con 10 concelleiros por 8 do Goberno Municipal
- Marlaska no dimite, pese a que el Gobierno rescinde el contrato de compra de armas de Interior a una empresa israelíDesde Presidencia se ha cancelado el permiso de importación “por razones de interés general”
- Once detenidos en varias ciudades, entre ellas Vigo por difundir imágenes íntimas de mujeresA través de canales de mensajería instantánea
- Fin de semana soleado… por finAunque las temperaturas seguirán siendo bajas para esta época del año
Teatro
Ás 21:00h continua no Teatro Municipal a XV Semana de Teatro Amador, será o grupo de teatro ‘Chirlomirlo’, da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe, a que estree “Arraiadas”. A obra é unha idea orixinal do propio grupo que “peneirou” historias reais para crear esta proposta teatral. Na mesma recollen anécdotas de Tui e Tomiño que teñen coma denominador común o “trapicheo”.

As entradas están á venda en tui.gal até ás 18:00h e hoxe dende ás 20:00h no despacho de billetes ao prezo de 2€.