“Tivemos moitas peticións en numerosos foros para que se lle dera cabida aos grupos de gran calidade que temos na nosa cidade e por iso decidimos xuntalos na primeira parte do concerto baixo a denominación de Vigo All Star, na que o público poderá gozar coa música feita aquí. E xa na segunda parte, Public Enemy, os reis do hip hop, que chegan a Vigo xa con catorce discos no mercado“, indicou o concelleiro de Cultura durante a presentación do mesmo.
O director do Festival O Marisquiño, Carlos Domínguez, Pity, destacou o feito de que se incrementou a oferta musical de “un día a catro” e tamén a importancia de “apoiar a escena de Vigo. Se temos a posibilidade de facelo, non o dubidamos”.
Este concerto de apertura terá o nome de “Vigo All Stars” e comprende a participación de varios grupos que irán en dúas tandas: -Puto Coque + os seus convidados (WÖYZA, SEILAESENCIA, VALDA E SALE)
-Paniko en las Calles + os seus convidados (XOKO SUIZO, DRUMDRAMA, ANUBIS METAL JACK, EL SEIS E DJ LIMBO).
O prezo das localidades é de 10 euros en venda anticipada e 12 euros en despacho de billetes. Puntos de venda: Servinova, central de Espectáculos (R/ Velázquez Moreno) e no despacho de billetes de Castrelos