O tenente de alcalde e presidente do comité executivo do IFEVI, asegurou hoxe que esta tarde comezará a instalación do valado provisorio dos accesos aos aparcamentos do Instituto Feiral de Vigo. Para o edil é preciso evitar “de inmediato” que se repitan os feitos que tiveron lugar o pasado fin de semana, no que un grupo de xóvenes se concentraron cos seus vehículos nestas instalacións.
Sergundo que este aparcamento foi construído con posterioridade a estrutura orixinal do recinto feiral e no seu momento decidiuse non pechala. “Pero estes acontecementos que inclúen maniobras perigosas nos obrigan a tomar a decisión contraria“, puntualizou.
O responsable do recinto feiral avanzou que nos vindeiros días se instalarán tamén portas fixas “ao igual que existen no resto do recinto”. O obxectivo destas medidas é garantir a seguridade dos usuarios e usuarias do IFEVI e evitar que se produzan incidentes como os acontecidos nos pasados días.