Microbuses eléctricos. Ese será o novo sistema de moverse polo Casco Vello. O tenente de alcalde presentou esta novidade que, segundo indicou, facilitará a comunicación entre as dúas partes da zona histórica da cidade. O mesmo iniciarase con tres vehículois e 10 constructores, contará con 1.230.000 € de investimento inicial e terá un mantemento anual de 320.000 € Aquel custo sería asumido polo Plan E 2010 e éste integrarase dentro do servizo de transporte público da cidade.
O billete dos microbuses, que empezarán a circular “durante 12 horas ao día, o primerio semestre de 2010”, terá un prezo especial para os moradores do Casco Vello e o mesmo que o do autobús para o resto dos veciños. A frecuencia de paso será “cada 10 minutos” e, ainda que terá varias paradas, “calquera usuario poderá pararlo onde quera o baixarse del cando o desexe con solo pedilo”.
O percorrido, que xa foi comprobado polos técnicos, empezará pola Praza do Berbés, seguirá por Rúa Real, A Pedra, Colexiata, Chao, Poboadores e volta ao Berbés, levará “entre 3 e 5 minutos, dependendo das paradas”, sinalou Santiago Domínguez que engadiu que a súa intención e que nos 2 ou 3 primeiros meses de funcionamento “sexa gratuito para que todos os vigueses poidan disfrutar del”.
Vigo seguirá, deste xeito, o exemplo de Madrid, Sevilla, León, Bragança ou Coimbra, que empregan este medio de transporte que, “polo seu aforro enerxético, limpeza e comodidade encaixa nos obxectivos perseguidos polo novo Plan E”.