A sinatura e validación electrónica serviu para adiantar unha media dunha semana os máis de 1.771 expedientes que a Dirección Xeral de Función Pública tramitou de xeito electrónico entre xaneiro e xullo. Eliminación de papel, tramites por Internet e co código do documento a resolución tamén na web. Ademais, co sistema de adianto por SMS o interesado pode descargarse da web de forma inmediata todo antes de que lle chegue a notificación por correo postal.
O resultado da tramitación electrónica queda arquivada en expedientes electrónicos que poden ser consultados de forma áxil e rápida desde calquera lugar autorizado e que se importan automaticamente en procesos posteriores das propias resolucións, como por exemplo as tomas de posesión resultantes da autorización dunha comisión.