É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMáis de 6.500 nenos pasan cada mes polo dentista do Sergas
Os pequechos galegos están perdendo o medo a ir ao dentista: a Unidade de Saúde Bucodental de Sergas tivo que facer 39.425 intervencións nos seis primeiros meses do ano, sobre todo na provincia de A Coruña e Pontevedra. Neste tempo, os profesionais tiveron que facer 27.882 selados de fisuras en dentición permanente, 4.873 limpezas con ultrasón e 6.670 obturacións das caries.
Con médicos especialistas, odontólogos e hixienistas dentais, o servizo está dirixido a nenos de entre 6 e 14 anos, mulleres xestantes e adultos en grupos de risco. As doenzas máis frecuentes: a carie e a enfermidade periodontal, facilmente tratables se se collen a tempo, polo que os dentistas insisten nas revisións periódicas.