Gran acollida do I Clinic de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia, no que participaron máis de 40 adestradores de toda Galicia ao longo dunha xornada de posta a punto nas instalacións do colexio Celso Emilio Ferreiro. César Iglesias, o novo adestrador do Amfiv e ex director do Rosalía santiagués na Adecco LEB Prata, e Félix Muñoz, que acadou o ascenso a LEB Oro do Beirasar Rosalía, foron os encargados de instruir aos asistentes sobre ‘Construcción defensiva’. Primeiro trataron a defensa individual e despois a progresión metodolóxica e de aprendizaxe dunha presión defensiva a toda pista.
Mentres, Quino Salvo abordou os ‘Conceptos de ataque contra defensas zonais’, presentando aos asistentes a súa filosofía do ataque contra as defensas zonais, explicando ideas e conceptos que utilizou ao longo de toda a súa traxectoria, primeiro como xogador, logo como adestrador.
Por outra banda, Pablo Sánchez, preparador físico do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia, falou das novas tendencias no quecemento e na volta á calma en formación con exercicios en posición estática e posición dinámica que provacan un estiramento dinámico, diferenciando o traballo nas diferentes categorías de formación.