É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMáis do 10 por cento da plantilla despedida. No último ano, a planta que a multinacional farmecéutica suiza Lonza Biologics ten no Porriño despediu a máis de 30 traballadores dun total de 300, polo que a CIG vén denunciar que a empresa está aplicando un Expediente de Regulación de Emprego encuberto sen que se teña feito nada ao respecto.
Os últimos despedidos foron dous traballadores de mantemento e augura que os recortes de persoal continuarán. Polo momento, para non crear alarma na plantilla, están a despedir aos poucos, xa que o máximo que botaron foron 12 persoas á vez. “Están a botar xente a contagotas sen que os representantes dos traballadores teñan feito nada para evitalo”, aseguran.