Galicia é a comunidade española que máis aumentou a recadación por IRPF entre xaneiro e xullo deste, cun 7,6 por cento fronte á media estatal do 4,4%, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Axencia Tributaria. Un aumento que se dispara no Imposto da Renda dos non residentes, cun incremento anual de case o 35 por cento en Galicia e tan só do 8,7% de media en España.
Galicia tamén liderou a subida de recadación no Imposto de Sociedades, cun crecemento interanual do 30,8%, fronte a unha caída no conxunto do Estado dun 11,5%, o que demostra o maior dinamismo empresarial da comunidade galega no que vai de ano. En canto ao IVE, esta autonomía é a quinta de España durante os primeiros sete meses do presente exercicio cunha maior suba de recadación, en concreto o 66,6 por cento, 24,4 puntos máis que a media española.
No período que vai de xaneiro a xullo do presente exercicio Galicia situouse como a terceira comunidade do Estado cun maior crecemento no recadación total por tributos, cun alza do 25,6%, fronte a un incremento do 14% de media no conxunto das delegacións da Axencia Tributaria.
Un aumento na recadación que se traduce nun maior aumento do Produto Interior Bruto: fronte á subida do 0,2 por cento en Galicia está a do 0,1 por cento no resto do estado.