Comarcas

Tui xa é o terceiro lugar de saída para facer o Camiño de Santiago

Peregrinos portugueses en albergue Tuicon un pequeño peregrino de 4 añosO pasado mes de agosto 5.656 peregrinos chegaron a Tui e, percorrendo o camiño portugués, acadaron a ‘Compotelá’ segundo os datos aportados pola Oficina de Acollida de Peregrino da Arquidiócese de Santiago, deste xeito de novo Tui é o terceiro lugar escollido polos peregrinos para iniciar a súa andaina cara a Compostela.   

No mesmo mes, foron un total de 3.187 os peregrinos que comezaron o seu itinerario na nosa cidade, o que representa o 5,82% do total. Só as localidades de Sarria e o Cebreiro, no camiño francés, posúen unha maiores procentaxes.

Cómpre salientar que neste mes de agosto estivo xa en funcionamento o albergue temporal do Concello de Tui, ubicado no antigo convento de San Domingos, que contou con case 400 peregrinos e os máis de 1200 acollidos neste pasado mes nos Pavillóns municipais tudenses.

Os datos do Albergue de peregrinos da Xunta de Galicia amosan tamen este crecido número de peregrinos, pois alí foron acollidos un total de 733 peregrinos ao longo do mes. Entre os procedentes de España as comunidades con máis peregrinos foron: Andalucia, Madrid, Valencia, Castela-León, Galicia, Cataluña, Castela-A Mancha e Pais Vasco. No que atinxe a outras nacionalidades houbo peregrinos, segundo o seu número, de Portugal, Italia, Alemania, Polonia, Irlanda, Francia, Paises Baixos, Austria, Bélxica, Reino Unido e Croacia. E tamén estiveron peregrinos de Sudáfrica, India, Canada, ou Corea. O número é superior tanto ao pasado ano 2009 en que houbo 686 peregrinos e no anterior Ano Santo de 2004 en que pernoctaron neste albergue 598 personas.

 

Con estas cifras, sinala o concelleiro de cultura Moisés Rodríguez Pérez, Tui consolídase como un dos principais núcleos xacobeos da Península Ibérica e o principal enclave, fora do tradicional camiño francés, para o inicio do Camiño de Santiago neste Ano Santo de 2010. Para o concelleiro tudense é un motivo de satisfacción comprobar como a nosa cidade sabe respostar ás demandas dos peregrinos que coa apertura do albergue temporal teñen un novo espazo de aloxamento público na cidade.

 Rodríguez Pérez convida aos veciños a coñecer as instalacións deste albergue temporal e do centro de interpretación “Tui, porta do camiño portugués”, ubicados no antiago convento de San Domingos, pois evidencian o esforzo do Concello tudense por favorecer e impulsar este fenómeno cultural dos peregrinos, que se converten, na maioria dos casos, en animados embaixadores da nosa cidade”

También te puede interesar