É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEmpeza a rehabilitación da fachada do Berbés coa recuperación de catro inmobles
O tenente de alcalde e o concelleiro de Patrimonio Histórico, presentaron hoxe o balance do primeiro proxecto do Concello de Vigo para rehabilitar a fachada marítima da Ribeira do Berbés. Segundo destacou o tenente de alcalde, o inicio desta rehabilitación comezará coa actuación en 4 inmobles, que xa teñen aprobada a axuda municipal, e outros 6 que previsiblemente se adherirán o vindeiro ano ao proceso.
Para o tenente de alcalde, o proxecto de rehabilitación das fachadas da Ribeira do Berbés é “ambicioso“, xa que pon ao dispor dos propietarios un estudo individualizado para cada edificación que marca as obras que hai que acometer en cada caso. Recoñeceu que a súa xestión “non é fácil“, xa que supón poñer dacordo a todos os propietarios das comunidades de veciños. “Pero podemos dicir que por fin arranca este proceso de rehabilitación“, subliñou.
Na primeira fase deste proceso, comezada hai catro meses, expresaron o seu interese por acometer as obras un total de 10 comunidades de propietarios, dos que 4 comezarán xa o proceso de rehabilitación. As 6 restantes que amosaron interese en acollerse ao plan do Concello, sumaranse o vindeiro ano ás reformas.
En resposta aos medios, o nacionalista sinalou que o número total de fachadas ás que vai dirixido o plan é de 32, mentres que 16 é o número total de comunidades de propietarios afectadas. Do número global de fachadas, hai 6 que realizarán a rehabilitación mediante outro proceso, xa que son edificios en ruína. A este respecto indicou que unha destas actuacións, que afecta a tres inmobles, está pechando os últimos trámites para conseguir a licenza na Xerencia de Urbanismo e iniciar o proceso de rehabilitación integral.