Galicia

Cada día, máis dun centenar de accidentes laborais en Galicia

En total, 3.242 accidentes laborais no mes de xullo. A pesares desas cifras, a siniestralidade laboral baixou en Galicia case un dous por cento con respecto ao ano anterior, aínda que nos sinistros rexistrouse unha víctima mortal cada tres días e un total de 49 feridos graves.

O único sector no que houbo máis accidentes foi na agricultura, que creceu case un 14 por cento; mentres o maior descenso produciuse na pesca (7,14% menos) e na construcción (5,26%). Por provincias, en todas, agás en Pontevedra, descende o número de sinistros laborais, nunha porcentaxe encabezada por Ourense (8,74% menos), A Coruña (5,25%) e Lugo (2,98%). Pola súa banda, na provincia de Pontevedra a suba foi dun 4,90%.

Se temos en conta os datos de todo o ano, en Galicia obsérvase unha baixada en Galicia do 5,66%, cun total de 21.562 accidentes fronte aos 22.856 no mesmo período de 2009.

También te puede interesar