É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Concello de Tui acolle desde hoxe (20:30 horas) a exposición ‘San Teotonio, primeiro santo portugués’, organizada polo Núcleo Museológico de Valença froito dunha colaboración aberta entre ambos municipios. Na mostra amosarase a biografía deste santo nado en Ganfei en 1082 e morto en Coimbra en 1162, onde foi canonizado ao ano seguinte grazas ao impulso do monarca luso Afonso Henriques.
A infancia de San Teotonio está vencellada a Tui, xa que a súa terra natal formaba parte daquela diócese tudense e foi educado no mosteiro de San Bartolomeu de Rebordáns, onde o seu tío Cresconio era abade ata o seu nomeamento como bispo de Coimbra. Testemuña de que a figura de San Teotonio ficou ligada á vida tudense é representación que se conserva no Coro da Catedral ou nun lenzo da sacristia daquel templo tudense.