O alcalde anunciou hoxe martes que en xaneiro estarán concluidos os traballos de construcción das tres novas escolas infantís municipais de Tomás Alonso, Casiano Martínez e Mestres Goldar-que sumarán á oferta actual, que está en 280 prazas, case a mesma cantidade, 260, para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Abel Caballero adiantou esta nova nunha visita á escola infantil Atalaia de Teis, unha das catro municipais que veñen operando na cidade nos últimos anos, e indicou que actualmente hai 232 nenos e nenas matriculadas en escolas infantís municipais e precisou que ainda quedan vacantes no turno de tarde, menos demandado polas familias, polo que avogou por continuar ampliando a oferta. Neste sentido avanzou que o próximo mes presentará un novo plan de garderías, incluído nos orzamentos de 2011, para incrementar a oferta do Concello.
As futuras escolas de Tomás Alonso e Casiano Martínez suman un investimento municipal de 246.000 euros e 80 novas prazas en cada unha; e Mestres Goldar terá 100 prazas e un orzamento de 500.000 euros.
Eran para este mes
Nembargantes, non é a primera vez que o Concello adianta que terá terminadas estas ‘garderías’. En abril, o goberno local comprometeuse a que en setembro abrirían catro novos centros, os tres anunciados hoxe de novo polo alcalde e outro máis que ofrecerían un total de 340 prazas, pero a estas alturas de ano só están avanzados os traballos da de Mestre Goldar. A estas súmanse outras promesas, como as escolas do Campus (de 2.000 metros cadrados e capacidade para 80 rapaces), Parque Tecnolóxico, ou na rúa Palencia.
Máis de 1.200 nenos e nenas sen praza
Pero a realidade hoxe é que hay 602 solicitudes para acceder a 280 prazas nas escolas infantis dependientes do Concello, máis de 1.100 para ás 382 prazas nas cinco que dependen da Xunta e preto de 200 por riba das 650 que ofertan as ‘garderías’ que se benefician do coñecido ‘cheque infantil’, semejante ás subvencións a colexios concertados. Isto quere dicir que hai 1.240 nenos en lista de espera para acceder a centros públicos e que os pais que non atopan praza neles teñen que deixar aos nenos nalgunha das 41 escolas privadas que hai en Vigo e que teñen un custo medio de 260 € ao mes.