Marisco/Tresyuno ComunicaciónMarisco a esgalla. Ese podería ser o titular alternativo para presentar a VIII Festa do Marisco de Vigo que celebrarase este ano dendo o vindeiro xoves, día 9, ate o domingo, 12, no Porto Pesqueiro. Este ano entre as novidades ofreceranse 40 variantes de menú, dende ameixas á mariñeira (11 €), pasando por empanada de lubrigante (40 €, enteira), langosta á prancha (18 €), nécoras (3 € cada unha), salpicón de marisco (10 €), vieiras á galega (4 € unidade) ou mexilóns (5 € ración), ás que unirase unha degustación de balde de 3.000 racións de ‘marujito’.

A festa, presentada pola presidenta do Porto, o tenente de alcalde e miembros da organización, terá un amplo programa de actividades culturais e deportivas pralelas que ten como principal novidade nesta edición a celebración o domingo da carreira atlética Xornadas Marisqueiras do Berbés. Disputarase nun percorrido de 10 kilómetros dende o Porto, unha concentración de coches antigos, soprado de vidro ou a actuación do mundialmente coñecido mariachi ‘Azabache, de xira por Europa.

Os actos emprezarán o xoves ao mediodía para seguir coa apertura oficial, unha hora máis tarde, co pregón do director, escritor e cantante Antón Reixa, acompañado do Alcalde Vázquez Varela, Carolo, Aurora e Cachamuiña, persoeiros determinates na reconquista de Vigo da que se celebra o 200 aniversario.

As 30 empresas marisqueiras radicadas no Porto de Vigo facturaron o ano pasado máis de 53 millóns de euros e moveron 41.000 toneladas deste producto, a meirande cantidade de toda Europa.

También te puede interesar