Pontevedra será este sábado a capital do taekwondo coa celebración do Campionato Galego de Técnica e Exhibición Adultos, que reunirá a 150 deportistas que forman parte dos mellores equipos de España e Europa. Desde primeira hora da mañá o público poderá disfrutar das mellores exhibicións no pavillón de Pontevedra, mentres que para ver aos mellores expertos en técnica teranse que esperar a que salten aos tapices a partires das 11 da mañá.