O Centro Cultural Caixanova cede as súas paredes para facer un completo percorrido pola traxectoria plástica do artista galego Manuel Ruibal ao longo de 50 anos de creación. A mostra, ‘Trazos dunha historia’, estará desde esta mesma tarde (20 horas) ata o vindeiro 10 de outubro e nela poderase disfrutar de 47 obras, 14 delas esculturas, que proceden fundamentalmente da propia colección do artista e de pinacotecas particulares, do Museo de Pontevedra e da propia Colección Caixanova.
Ruibal, poeta, escultor e pintor, naceu no concello pontevedrés de Barro en 1942. Abandonou por primeira vez Galicia en 1961 para trasladarse a Madrid, onde estudiou e admirou a obra dos grandes do Museo do Prado. Artista autodidacta, esta exposición mostra as diversas etapan que van conformando a súa traxectoria plástica dende entón, que o levaron a cidades como París, Roma, Mallorca ou Nova Iorque.
A súa primeira producción bebe do costumbrismo aprendido dos mestres galegos para evolucionar, a través dun diálogo de trazos, nun proceso de depuración que foi empregando pouco a pouco na súa obra. A súa pintura inicial de paisaxes, marinas, de amplia mancha rañada, en azuis e negros, ou conxuntos de figuras deliberadamente envoltas e mesturadas, evoluciona cara un xestualismo esquemático a finais dos 80.