Galicia

O BNG avisa que haberá reacción social se a Xunta intenta “reprimir” aos profesores que sigan dando as clases en galego

Profesor“Haberá reacción social se a Xunta cae na tentación de reprimir ao profesorado que siga impartindo as clases en galego”. Así de terminante foi o voceiro nacional do BNG quen lembrou a chamada dos nacionalistas á “rebelión” contra o decreto do idioma que entra en vigor este curso.

O PP teima en impoñer o decreto, porque ista é unha imposición”, subliñou Guillerme Vázquez, e acusou a os populares de aplicar o rodillo da súa maioría” para aprobar unha ley contra a que están “grupos políticos, asociacións, sindicatos, nais e pais e ate a Academia Galega”. Fronte aos avisos do PP de que hai que cumplir as leis, Vázquez indicou que o Partido Popular non pode dar leccións, xa que “en varias comunidades nas que goberna chamou a sumisión absoluta en contra da Lei do Aborto, a Educación para a Cidadanía ou a Lei de Normalización no que se refire aos topónimos galegos”.

También te puede interesar