Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
Empezan os cursos de Inglés e Portugués no Centro de Desarrollo Local de Mos dirixidos a desempregados
A Concellería de Formación e Emprego do Concello de Mos presentou dous novos programas AFD (Accións Formativas para Desempregados), Inglés de Atención ao Público e Portugués de atención ao público que se impartirán no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Mos.
Estes dous cursos albergarán a unha trintena de alumnos, 15 cada un. Composto dun total de 225 horas de formación teórico-práctica, estes programas contemplan ademais un periodo de prácticas prelaboais en empresas do sector. Durante o curso, que se prolongará ata mediados do mes de novembro, a maiores dos contidos específicos tamén se impartirá un módulo de igualdade de oportunidades.
O concelleiro de Formación e Emprego e director do CDL apuntaba que o obxectivo destes dous cursos “é resolver de maneira correcta e fluida os labores de atención ao cliente na lingua que se ensina, desenvolvendo os procesos de comprensión oral e escrita e expresión oral xerados por esa actividade”. A formación de 15 alumnos en cada curso permitirá obter unha bolsa de emprego coa cualificación suficiente para traballar en calquera empresa do sector transporte, distribución, comercio exterior, servicios, etc. que precisen a utilización dos idiomas inglés e portugués para o seu labor diario.
Máis dun cento de alumnos
Deste xeito xa son un total de sete programas AFD os que se están a impartir no CDL e que albergan a máis dun cento de alumnos nas súas aulas. A día de hoxe están en activo os programas de Soldador de estruturas metálicas lixeiras, Caldereiro industrial, Electricista de edificios, Electricista industrial, Atención sociosanitaria no domicilio e os dous que na xornada de hoxe se inauguraron. Ademais, este mes de setembro tamén comenzarán outros dous cursos, un preparatorio para a obtención da certificación do Celga 3 e outro de manipulador de alimentos.
A maiores, o CDL tamén alberga o Obradoiro de emprego Alfacuca que esta a formar, neste ano 2010, a 33 alumnos.