É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA selección galega de taekwondo xa vai camiño de El Campello, en Alacante, coa firme intención de revalidar o título de campión da Copa do Rei que acadou o ano pasado. Unha tarefa complicada, pero o equipo galego ten cualidades e posibilidades de voltar a gañar nas categorías masculina, feminina e xeral.
E será un día completo, xa que no mesmo sitio tamén se disputará o Campionato de España de Técnica nas categorías infantil e adultos, de forma que no pavillón do Campello xuntaranse case 600 deportistas nunha xornada maratoniana de mañá e tarde.
Na Copa do Rei, Galicia participará cun equipo feminino formado por 9 deportistas cun importante curriculum, xa que contan con títulos de campioas de España absolutas e medallas a nivel internacional. A selección estará formada por: Nazaret Tilve, subcampioa de España absoluta 2010 (Do Yang) e Miriam Docampo (As Sport) no peso de -49 quilogramos; Andrea Rica, campioa de España absoluta 2010 (Tao), Katia Calvar, subcampioa de España absoluta 2010 (Mat´s) e Estefanía Hernández, campioa de España absoluta 2010 (Natural) no peso de -57 quilogramos; Lúa Piñeiro, campioa de España absoluta 2010 (Olimpic), Jessica Otero, subcampioa de España absoluta 2010 (Kido) e Sabela Lonja (Natural Sada) en -67 e Carla Balado, bronce no campionato de España absoluto 2010 (Mat´s) no peso pesado.
Na categoría masculina, Galicia presenta un equipo de nove deportistas tamén con grande experiencia. O equipo estará formado por Miguel Cortegoso (Mace Sport) e Pablo Carou, bronce no Campionato de España 2010 absoluto (Maniotas) en -58 quilogramos; José Antonio Carregal (Mat´s), José Fernández (Natural Sada) e David Vidal, bronce no Campionato de España absoluto 2010 (As Sport) en -68 quilogramos; Fernando Rascado, subcampión de España absoluto 2010 (Tao) e Raúl Bouzas, bronce no Campionato de España absoluto 2010 (Olimpic) en -80 quilogramos; e no peso pesado (+80 quilogramos) estará Pablo Casares, bronce no Campionato de España absoluto 2010 (Kiap) e Gerardo Ortiz (Natural).
Campionato de España de Técnica
E sen tempo para descansar disputarase o Campionato de España de Técnica nas categorías adulto e infantil, onde a Federación Galega de Taekwondo espera facer un bo papel. O campionato galego tivo lugar o pasado fin de semana en Pontevedra e de aí saíron as seleccións que estarán en Alacante para disputar o Campionato de España.