Humanizacións e mobilidade
Por mor das obras de humanización, estará pechada ao tráfico a rúa Santa Cristina, treito entre Rivera Atienza e Travesía Santa Cristina, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes, 21 de setembro, ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Ramón Nieto, Ernesto Lecuona, Bxada ao Capitán e Curros. Mentres duren as obras establécese dobre sentido, para residentes, na rúa Santa Cristina, treito entre Curros e Trav Santa Cristina.
Coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa Casal de Abaixo, treito entre as rúas Casal de Arriba e Cabalaria, con entrada pola rúa Casal de Arriba e saída pola rúa Cabalaria, dende o martes ás 10:00 horas.