Galicia

And the winner is… a desembocadura do Miño

Turismo náutico e fluvial unidos ao final de Galicia. A desembocadura do Miño recibirá este luns en A Guarda o Premio Nacional de Destinos Turísticos Europeos de Excelencia tras presentar a súa candidatura no pasado mes de febreiro. O proxecto fomenta modelos de desenvolvemento do turismo sostible na Unión Europea elexindo destinos turísticos en cada país participantes.

A finais de setembro celebrarase a entrega de premios en Bruxelas, coincidindo co Día Mundial do Turismo. A busca europea desenvólvese cada ano arredor dun tema, nesta ocasión o turismo acuático e a súa sostenibilidade social, cultural e medioambiental. Os gañadores son sempre destinos turísticos europeos emerxentes e pouco coñecidos e poden estar situados tanto nos 27 estados membros como nos países candidatos.

E a desembocadura do Miño ten abondosos recursos naturais, arqueolóxicos, patrimoniais e gastronómicos pero aínda é un destino pouco coñecido para o gran público e ten unha densidade de visitantes baixa respecto da media nacional e galega. O turismo acuático na Guarda caracterízase por ser un turismo sostible e respectuoso cos seus recursos naturais.

También te puede interesar