Galicia

Bautizo náutico en San Simón para vinte afortunados

Teñen entre 18 e 35 anos e participan no curso de iniciación ao mergullo se bombona. Ata aquí algo normal nunha cidade costeira e tan vencellada ao mar coma Vigo. A novidade? O esceario: aprenderán na illa de San Simón. Un programa dividido en tres quendas que comezou esta fin de semana e pola que xa pasou o primeiro grupo de 20 mozos que adquiriron os coñecementos básicos de mergullo, ademáis de fomentar o medio ambiente e disfrutar dunha paisaxe única sempre en contacto coa natureza privilexiada da illa.

As 60 prazas ofertadas enchéronse en cuestión de días con rapaces procedentes de toda Galicia e en actividades que continuarán do 10 ao 12 e do 15 ao 17 de outubro. Durante dous días, os participantes fórmanse nas técnicas básicas de mergullo en apnea e nas normas de seguridade e riscos que supón esta técnica. Ademáis, farán inmersións de recoñecemento e identificación para despois participar en seminarios sobre sostenibilidade.

También te puede interesar