Cultura

Edicións Xerais cumple 30 anos con máis de 10 millóns de libros vendidos

Xerais está especializado nos libros de texto dende 1980
Xerais está especializado nos libros de texto dende 1980

Edicións Xerais de Galicia entra xa na madurez. A editorial cumpliu este luns, 5 de outubro, o 30 aniversario da súa fundación en Vigo.

Ao longo deste tempo publicou 3.200 títulos, case todos en galego, uns 3.000, e vendeu máis de 10 millóns de volúmenes dentro dun catálogo moi diverso. Sen embargo, tamén ten libros en inglés, portugués e castelán.

A súa misión fundacional, tal e como sinalan,  “foi non deixar baldeiro campo ningún da comunicación impresa necesaria para Galicia”, e por este feito, síntense moi orgullosos da súa labor.

Dende 1980 está especializada na edición de libros de texto en lingua galega (22% dos títulos do catálogo). No ámbito da edición xeral, Edicións Xerais de Galicia posúe un extenso catálogo literario (23% dos títulos do catálogo), que aborda todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, xornalismo, clásicos da literatura galega…), lexicográfico (dicionarios e vocabularios), universitario, infantil e xuvenil (22% dos títulos do catálogo), e de ocio (guías de viaxe, guías de natureza…).

También te puede interesar