Galicia Vigo al minuto

Máis de 50.000 personas acuden á manifestación central da CIG, en Vigo

CIG Vigo/Tresyuno ComunicaciónPosiblemente, foi a manifestación máis numerosa celebrada en Vigo en moitos anos. A Central Intersindical Galega (CIG) convocou a máis de 50.000 personas na concentración central convocada por esta central en Galicia. Detrás dunha pancarta na que se leía “Outro modelo económico e social é posible. Non á reforma laboral”, o sindicato nacionalista saía ao medio día da súa sede en Gregorio Espino, seguindo por Urzáiz. Cando a cabeceira estaba pasando Colón, os derradeiros concentrados aínda camiñaban polo principio do Calvario escoltados por varias unidades dos ejectivos antidisturbios da Policía Nacional.

 

CIG Vigo2/Tresyuno ComunicaciónPerante o recorrido, ao que se sumou o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez e todo o grupo municipal do BNG co tenente de alcalde á cabeza, os coches da megafonía explicaban os trocos que suporá a aplicación desta reforma, empezando polo recorte dos días de indemnización por despido a 20, “dos que a empresa só pagará 12 sendo asumidos os outros oito polos propios traballadores”, a posibilidade de presentación de expedientes de regulamento de emprego, demostrando unha caída nos balances de só un trimestre, ou a precarización do mercado laboral no que se facilitarán as empresas as condicións para asinar contratos temperáis.

También te puede interesar