É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másDous vigueses e unha arousana serán os representantes de Galicia nas terras de Pancho Villa. Fernando Rascado e Andrea Rica, do Tao de Vigo, e Lúa Piñeiro, do Olimpic Vilagarcía, participarán na Copa Bicentenario de Taekwondo o vindeiro 16 de outubro na localidade mexicana de Querétano, cara onde parten hoxe.
Deste xeito Galicia aporta tres dos oitos deportistas españois que acudan a esta cita internacional na que participarán as seleccións de España, México, Chile e Corea. Ademais, os días previos celebrarase o selectivo nacional júnior de taekwondo, no que participarán 2.500 taekwondistas.