Galicia

Ecoloxía e lingua mestúranse para evitar a desaparición do galego

o-galego-o-noso-mundo-natural

Noemí Rey/Universidade de Vigo/ Os datos non deixan moito marxe para a esperanza: 47 especies de flora e fauna desaparecen cada día dos nosos ecosistemas. Aínda que poida parecer incrible, o mesmo ocorre coas linguas: cada ano entre 25 e 30 idiomas deixan de escoitarse no mundo. Entre eles pode que o noso idioma. Para loitar pola supervivencia do galego, a Área de Normalización Lingüística de Universida de Vigo (ANL), en colaboración coa Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGDNL), acaban de pór en marcha a campaña ‘O galego, o noso medio natural’. O seu protagonista principal é a ecoguía: máis de 4.000 cadernos que se repartirán nos campus e nos centros de ensinanza non universitaria públicos e concertados cos que textos de escritores galegos, como Uxío Novoneyra, van facer reflexionar sobre a importancia da recuperación das especies e do idioma.

Non será o único reforzo para potenciar o ecolingüismo e o uso do galego, senón que tamén se repartirán máis de 5.000 pegatinas, 5.000 chapas, camisolas ou petates cos que facer visible o lema da campaña. “As linguas non son só dos falantes, son de toda a humanidade e hai que responsabilizarse se poden desaparecer”, explicou Valentina Formoso, coordinadora do CGDNL. “Debemos preservar a biodiversidade e o noso futuro. Se a natureza constrúese, enriquécese e renóvase co seu uso, co idioma pasa o mesmo”, conclúe.

También te puede interesar