Se non tes moita idea de que poder facer hoxe para pasar a tarde, aquí tes tres ideas coas que entreter aos máis pequechos da casa ou coa que pasar unha tarde botando unhas gargalladas: triple sesión de teatro. Para os máis pequenos a función comeza ás 18 horas no auditorio municipal da man de ‘Violeta Coletas contra as salchicas ¡gulp!’. Unha obra de Títeres Trompicallo na que Violeta é a protagonista: a ela non lle gusta estudar, gústalle ver a tele; non lle gustan as acelgas, gústanlle as salchichas… aínda que un extraordinario suceso fará que cambie de opinión. Entrada: 5 euros adultos, 3 euros menores de 12 anos.
O seguinte punto no percorrido será a AVV San Xurxo de Saiáns (18:30 h). Alí estará Paprika Teatro con ‘Un día moi especial’. O dúo Os Pablos terá que facer o seu show musical fronte a un xurado que podería chegar a elixilos para participar nun gran festival. O público da palmas, canta e todo vai ben ata que de súpeto se presenta un gato que di saber como axudalos a saír dun inevitable fracaso. Entrada de balde.
Xa para os maiores, Atrezo Teatro chegará á AVV CD Santa Mariña de Cabral (19 h) con ‘Bágoas de noitebrega’. A obra reflicte en 105 minutos unha guerra, un enfrontamento entre dous bandos no que non hai regras, o fin xustifica os medios e todo é lícito para gañar. Aínda que non é unha guerra coma calquera outra: o campo de batalla é a familia.