Un pequeno pobo de Suecia, onde nunca ocorre nada interesante e onde sempre todas as modas chegan tarde. Alí é onde vive Agnes, unha rapaza vexetariana que está a piques de cumprir os 16, un bicho raro aos ollos dos demais veciños. Ninguén a ten en conta. Pero Agnes garda un gran segredo: está namorada de Elin.
Esta é a historia na que se basa ‘Fucking Amal’, un filme de Lukas Moodysson de 1998 e que hoxe proxectarase (18 horas) no Centro de Documentación Feminista na Biblioteca Pública Central dentro do Videoforum organizado pola Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.