A Confederación Intersindical Galega (CIG) non deixará de protestar contra a reforma laboral aprobada polo Goberno Zapatero. Segundo os seus representantes, a central convocará mobilizacións para o mes que ven para exixir novamente a retirada da reforma laboral e demandar que non se leve a cabo a reforma das pensións. Ademais reclaman medidas estruturais dirixidas a mudar o “actual modelo económico neoliberal, por outro máis xusto e sustentable”.
O mércores que ven, celebrarán unha asamblea nacional de delegados, que rematará cunha manifestación en Compostela. Continuando con estas medidas de presión, programan para o 18 do vindeiro mes, manifestacións en todas as cidades galegas, entre as 19:00 e as 20:00 horas.
Ademáis, a CIG iniciará contactos con CCOO e UGT para trasladarlles a súa disposición de continuar coas mobilizacións e mesmo convocar unha nova folga xeral. O secretario xeral sindicato nacionalista, Xesús Seixo, deixou craro que terá en conta a resposta destas organizacións sindicais á hora de levar a cabo as mobilizacións previstas e que, aínda que tanto a UGT como CCOO non secunden novas medidas de presión o sindicato nacionalista continuará coas protestas.