As 75 persoas inscritas no UTIL son mulleres, desempregados do longa duranción, vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, discapacitados ou xovenes entre 18 e 25 anos, dos que 53 son peóns e outros 22 operan como oficiais. A cifra total de 75 contratados é a maior dos últimos anos.
O edil explicou que o programa municipal ten coma obxectivo proporcionar inicialmente unha formación aos participantes -que alóngase máis dun mes en materias de fontanería, electricidade ou construción, prevención de riscos laborais ou eliminación de residuos, entre outros- para posteriormente levar á práctica o aprendido en traballos municipais.
Os partipantes, que comezaron nesta iniciativa no pasado mes de maio, completaron esta primeira fase formativa e xa realizaron traballos para a cidade, como o acondicionamento dos vestiarios no parque de Castrelos, a construción de locais no Castro, a mellora da iluminación na estrada vella de Madrid, novas beirarrúas en Alcabre e mantemento de xardíns no Castro e Castrelos.