Deportes Destacados

O que estes vigueses saben de taekwondo vale un potosí

dollio_Chagui_Samuel_Meilan_580

Son pai e fillo e o seu apelido vai ligado dende sempre ao taekwondo. Sobre todo cando se fala de exhibición. Entre o 29 de outubro e o 2 de novembro, Miguel e David Meilán participarán no I Máster Internacional La Loma 2010 en San Luis Potosí, en México, onde impartirán a clase de metodoloxía sobre exhibición ante máis de 1.100 atletas e 500 profesores.

O seu currículo os avala: Miguel Meilán é director técnico e seleccionador dos equipos de técnica e exhibición da Federación Galega de Taekwondo e David Meilán oito veces campión de España, campión do primeiro test europeo e campión do mundo W.T.K.A. E con esta base impartirán os  seus coñecementos teóricos e prácticos sobre o desenvolvemento da modalidade de exhibición, onde Galicia é pioneira tanto a nivel estatal como internacional.

O máster, organizado e promovido pola Fundación Ireno Fargas en colaboración coa Federación Méxicana de Taekwondo,  ten como obxectivo fomentar a formación e actualización dos  cadros técnicos do taekwondo, de forma especial nos países latinoamericanos, xa que en moitos deles aínda non están implantados oficialmente os cursos de formación e titulación de técnicos.

También te puede interesar