O acto, presentado por unha estudante do instituto Castelao, reuniu a Caixanova, ao Celta de Vigo, a PSA Peugeot Citroën, á Cooperativa de Armadores, en representación do sector pesqueiro, ao Faro de Vigo, ao astaleiro Hijos de Barreras, no nome do naval vigués, á Autoridade Portuaria, á Universidade e á Zona Franca de Vigo. Tras a lectura dunha glosa elaborada polo Cronista Oficial da Cidade, Lalo Vázquez Gil, todos eles foron galardoados cunha réplica da escultura de Silverio Rivas que preside a recén inaugurada Praza do Bicentenario.
Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova e encargado de pronunciar unhas verbas no nome das dez institucións recoñecidas, manifestou o seu “gran honor” por representar ás entidades galardoadas pola cidade polo seu “firme compromiso” coa urbe olívica. Gayoso asegurou que trátase dun “recoñecemento ao traballo que realizamos día a día” a prol do progreso de Vigo, o que continuará sendo así no “futuro próximo“. O presidente de Caixanova eloxiou a traxectoria de todos os agraciados e agradeceu ao Concello o xesto.
Abel Caballero, foi o encargado de pechar o acto, e na súa intervención salientou que 1810 “marcou un novo rumbo no compás da historia viguesa“ e indicou que “aqueles albores de prosperidade trandormáronse nesta realidade de gran cidade”. O rexedor eloxiou o papel das entidades na configuración do Vigo presente e tamén “aos cidadáns de Vigo que cada día constrúen co seu esforzo anónimo a nosa cidade“.